Tuesday 21 de May de 2024

Adxudicación provisional por máis de 200.000 euros da remodelación do campo da Guía


O Concello de Riveira informa de que a xunta de goberno local na súa reunión de hoxe procedeu á adxudicación provisional das obras de remodelación do campo de fútbol da Guía en Carreira: unha actuación incluída no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 da Deputación Provincial da Coruña.

A entidade que obtivo unha mellor clasificación entre as 10 propostas presentadas foi Canarga S.L., cunha proposta de 207.219 euros, IVA incluído, e un prazo de execución de 25 días naturais.

Cómpre lembrar que Concello e Atlético Carreira alcanzaron no 2015 un acordo en virtude do cal este último lle cede ao ente local o campo da Guía co compromiso de realizar unha serie de obras que agora son as que se reflicten no proxecto técnico elaborado polos servizos técnicos municipais.

Céspede artificial
Así, o que se persegue é a dotación ao campo de fútbol de céspede artificial (tanto no terreo de xogo como na zona perimetral de seguridade), ademais de instalar unha rede para drenaxe e outra de rego automático.

Unha vez concluídas estas obras, colocarase unha barandilla perimetral, porterías regulamentarias homologadas para fútbol 11 e fútbol 7, así como nos banderíns nas catro esquinas do terreo.